mércores, 10 de abril de 2024

Flores e Leitugas

 
Estamos na primavera, e necesitamos dar cor ás diferentes zonas exteriores do noso centro, por iso, o alumnado de Infantil (e neste caso o alumnado de 5 anos), dedicou parte da súa sesión de Voz Natura semanal a plantar diferentes tipos de flores. Despois, visitamos o invernadoiro para recolectar as leitugas que xa están listas para comer e levar ata o comedor do cole.

Obradoiro Voz Natura: As Plantas

Comezamos esta semana un novo Obradoiro Voz Natura sobre AS PLANTAS.

martes, 9 de abril de 2024

Plantación de 3º de Primaria

Cenouras, chícharos, fabas e ravos, foron plantados no invernadoiro polo alumnado de 3º de Educación Primaria.

 

mércores, 3 de abril de 2024

Brigadas Verdes do Mes de Abril

Alumnado da aula de 4 anos dedicou a sesión de Voz Natura semanal a limpar de lixo (especialmente papel e plástico), os diferentes espacios exteriores do noso centro. Tamén lles deu tempo a plantar unhas cebolas de flores.

venres, 22 de marzo de 2024

Trampas de Velutinas Elaboradas polo Alumnado de 4º de Primaria

O alumnado de 4º de Educación Primaria estiveron a facer unhas trampas de velutinas coa información que trouxeron da casa. Unha vez rematadas, foron a colgalas nas árbores do noso patio!!

xoves, 21 de marzo de 2024

mércores, 20 de marzo de 2024

Insectos Invasores

 
O alumnado de 4º de Educación Primaria investigou sobre os insectos invasores e Breo (a mascota da clase), facilitoulles un hotel de insectos que colgaron nunha zona do patio. Tamén visitarán en breve a aula de 3º de Primaria para explicarlles a súa investigación.

xoves, 14 de marzo de 2024

Semilleiro de Flores

Nenos e nenas da aula de 4 anos axudaron a facer uns semilleiros de flores. A ver se hai sorte, é nunhas semanas podemos tranplantar os brotes ás xardineiras do patio exterior!!

mércores, 13 de marzo de 2024

Brigadas Verdes do Mes de Marzo

Alumnado da aula de 5 anos levou a cabo varias tarefas durante a sesión de Voz Natura. Limpou de lixo os diferentes patios do noso centro e regou os bancais do invernadoiro.

xoves, 7 de marzo de 2024

Plantamos e Regamos!!

Un pequeno grupo de nenos e nenas da aula de 4 anos foron plantar leitugas e acelgas. Despois tocou regalas!!

Cadernos de Campo dos Cervicultores

O alumnado de 3º de Educación Primaria estivo a elaborar un caderno de campo sobre plantas.