

Durante o mes de outubro estivemos afondando no coñecemento da nosa cultura galega e mais en concreto, na SIMBOLOXÍA NA NATUREZA. Cada curso elixiu un tema dos que Puca nos propuxo na carta: o culto ás árbores, o culto ao sol, os símbolos celtas, a influencia e o poder da lúa, o culto aos astros, os milladoiros, as herbas máxicas...Despois de informarnos a través dos , de elixir e tratar a información, de plasmala nun produto final...chegou o momento de poñela en común e ese momento foi o mércores 30. Cada curso de Ed. Infantil e Primaria mostrou o seu produto final aos demais e todos aprendemos moitísimo uns dos outros.
Os traballos realizados están expostos na entrada do colexio para que todos poidades admiralos. Aquí mostramos algúns.
Presentación Colaborativa O... by Maria fernandez garcia on Scribd
Puca Quere Saber Sobre ... ... by Maria fernandez garcia on Scribd
Puca Quere Saber Sobre Os S... by Maria fernandez garcia on Scribd