xoves, 21 de maio de 2020

Actividades do Alumnado Durante o Período de Alarma

  • O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA, PLANTA LENTELLAS:
Durante o confinamento levamos a cabo a plantación de lentellas.
Indicóuselle como facelo e que fixeran unha descrición durante unha semana dos cambios que ían observando.

Despois envióuselles unha secuencia de fotografías para que identificaran mediante a súa descrición as diferentes partes dunha planta (raíz, talo e follas).
A partir de ahí traballouse curricularmente todo o referido a estes seres vivos. Unha vez que foron grandes as lentellas pasáronas á terra e responsabilizáronse do seu coidado.
  • TRABALLOS DO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA: 
O alumnado de 4º de Primaria fabricou estes orixinais comedeiros para paxaros. Os pasos a seguir foron:

  •   Cortar unha laranxa pola metade.
  •   Facer uns buratiños nos extremos.
  •   Pasar unha corda polos buratos.
  •   Encher con comida para paxaros.
  •   Colgar no exterior.

Outras das actividades das que quixeron deixar constancia o alumnado de 4º de Primaria, foron os cadernos de campo sobre árbores, plantas..., e dar resposta á pregunta: "medra unha planta sen luz?", seguindo o método científico.

     
     
     

  • O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA, FAI UNHA PLANTACIÓN:
Os nenos e nenas da aula de 5º de Primaria fixeron na súas casas plantacións de aguacates, cenorias, leitugas, xudías, maciñeiras…Elaboraron un caderno de campo, onde deixaron constancia do crecemento, da investigación que fixeron sobre os datos (nome científico, orixe, características…), etc.