No proxecto de Voz Natura: "Non Te Plastifiques..., E
Recicla", traballamos ao longo do curso actividades sobre como protexer
o noso planeta do exceso de plástico e outras substancias
contaminantes.
Agora, que pasamos moitas horas dentro das nosas casas..., como cres que se sinte o noso planeta?. Anímaste
a escribir un pequeno texto (non de menos de 5 liñas), nos que nos
constes como afecta á natureza que os seres humanos quedemos nas nosas
casas? Como cres que se sinte a Terra?.
Primeiro
elabora un borrador con lapis e papel, logo revísao atentamente para
correxir os posibles erros. Podes acompañar o teu texto dun debuxo. Unha
vez listo, pásao a limpo e envía unha foto ao seguinte correo: voznaturacervo@gmail.com e o publicaremos no blog.
Lembra incluir o teu nome, apelidos e curso!!
O alumnado de 6º de Educación Primaria participou nesta actividade creando esta bonita presentación cós seus textos: pincha AQUÍ e poderás acceder á presentación.
O alumnado de 6º de Educación Primaria participou nesta actividade creando esta bonita presentación cós seus textos: pincha AQUÍ e poderás acceder á presentación.
