luns, 8 de xuño de 2020

8 de Xuño: Día Mundial dos Océanos

O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. A Asemblea Xeral da ONU proclamouno en 2009, data desde a cal se celebra.
O seu obxectivo é recoñecer a importancia dos océanos na saúde do planeta. Porque os océanos cobren aproximadamente un terzo da superficie do planeta, e son o auténtico pulmón do planeta Terra. Xeran a maior parte do osíxeno que respiramos, absorben gran cantidade de emisións de carbono, regulan o clima e ofrecen nutrientes.
E están sometidos a unha presión humana insostible: sobreexplotación pesqueira, polución mariña, destrución do hábitat, especies invasivas, o cambio climático, acidificación dos mares.