luns, 8 de febreiro de 2021

Proceso de Xerminación

Os nenos e nenas da Aula de 4 anos estivemos a traballar o proceso de xerminación dunha planta. O primeiro que fixemos foi ver un vídeo a cámara rápida do nacemento dunha planta, unha vez que asimilaron bastante ben o proceso plasmaron nun debuxo o aprendido.

A última actividade será lograr a xerminación real dunha semente na aula, e unha vez lograda, transplantar o resultado ao invernadoiro do nosos centro.