venres, 30 de abril de 2021

Visitando os Petroglifos

O venres 30 de abril os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria foron visitar os petroglifos que hai moi preto do colexio de Cervo. Acompañados polos seus titor@s, pola profe Lila e por Manolo, de Mariña Patrimonio, descubriron unha pequena parte da historia do noso Concello.