Cando aos nenos e nanas de Infantil lles toca xogar no patio chamado "campo", desfrutan moito recollendo as castañas e landras que atopan debaixo do castiñeiro e do carballo. Sen darse conta, traballan unha morea de conceptos lóxico-matemáticos: contar, clasificar, comparar, engadir..., así como tamén certos valores (compartir, axudar...).