venres, 15 de outubro de 2021

Mariñeiros por un Día

O venres 15 de outubro, parte do alumnado de Primaria do noso centro, realizou unha saída ata Celeiro. No seu porto visitaron a lonxa, a cofradía de pescadores e o heliporto. Aprenderon moitas cousas sobre o mundo da pesca, as súas xentes, a cultura mariñeira e o coidado do medio ambiente mariño.