martes, 14 de decembro de 2021

As Brigadas Verdes de 4 Anos


Os nenos e nenas da Aula de 4 anos tamén quixeron participar na limpeza dos diferentes patios e instalacións do noso centro a través das Brigadas Verdes. Armados cós seus caldeiros de cores e as súas pinzas, fixeron unha boa recolleita de diferentes tipos de lixo.