O alumnado do CEIP de Cervo aproveitou este tempo de Nadal para reutilizar diferentes materiais e crear novos obxectos. Estes novos xoguetes, adornos..., foron utilizados no xogo: o Amigo Invisible. Cada curso decorou unha bolsa de tea, reutilizou un mateiral para crear un agasallo e elaborou unha postal. Finalmente, cada neno e nena meteu o agasallo e postal nunha das bolsas que se colgaron polos corredores do centro.