mércores, 16 de febreiro de 2022

O Mundo das Abellas

O alumnado de Infantil, ao longo do 2º trimestre, está levando a cabo un pequeno proxecto sobre As Abellas. O 16 de febereiro recibimos a visita dun apicultor que nos explicou a través de contos, imaxes, obxectos e actividades prácticas, moitas cousiñas interesantes sobre as abellas. Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, tamén quixeron informarse sobre as abellas e o seu mundo.