venres, 8 de abril de 2022

As Abellas e As Velutinas

Rematamos o 2º Trimestre coas actividades finais do proxecto sobre AS ABELLAS levado a cabo polas tres aulas de Infantil. Nestas imaxes os nenos e nenas da aula de 5 anos amosan unha manualidade dunha abella e unha trampa para velutinas que colgaron en diferentes ubicacións dentro do recinto escolar.