venres, 10 de xuño de 2022

Limpeza na Praia de Rueta

O venres 10 de xuño todo o alumnado de Educación Infantil do noso centro achegouse en bus ata a praia de Rueta acompañados por Martina e Vero para levar a cabo unha actividade de limpeza de lixo. Esta actividade foi organizada pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e a Fundación Alcoa: Educando para a sustentabilidade: Proxecto Mariña Ambiental.