Un novo curso comeza, e con él unha nova edición de Voz Natura, e xa van 26!!
O noso centro, coma todos os anos, participa nesta nova proposta, sendo o tema desta edición: O CONSUMO RESPONSABLE, SOSTIBLE E RESPECTUOSO CO MEDIOAMBIENTE.
A través de distintos proxectos, o noso centro tratará de desenvolver actividades relacionadas coa redución, reciclado e reutilización de desfeitos, a xestión sostible e o uso eficiente de recursos naturais, o aforro enerxético, etc.
A todo isto haberá que sumarlle o traballo que alumnado irá realizando no invernadoiro do centro ou na contorna máis próxima, a través de actividades que impliquen unha acción máis directa (limpezas, plantación de árbores...).