Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha saída a principios do mes de novembro para coñecer un pouco máis a súa contorna. Achegaronse ata Rueta para levar a cabo unha visita guiada por un castro, coas súas murallas e fosos defensivos.
