xoves, 22 de decembro de 2022

Amigo Invisible: Unha Nova Viaxe (por un Consumo Responsable)

Ensinar ao noso alumnado que un consumo responsable é posible, implica levar a cabo diferentes actividades nas que mercar, non ten que ser a única alternativa. Por iso, a celebración do Amigo Invisible supuxo para todos os nenos e nenas un exercicio de consumo responsable, de dar unha segunda vida a mochilas de tea, follas de xornal, contos e libros usados.

Cada neno e nena escolleu un libro ou conto para outro alumn@ do centro, envolveuno con follas de xornal vello e gardouno na mochila de tea usada que previamente se trouxo da casa. En cada mochila, gardouse un marcapáxinas recordatorio da importacia de NON consumir compulsivamente!!