As vacacións de Nadal están a chegar!, son unhas datas moi especiais para os máis pequenos, polo que no cole estamos a levar a cabo unhas sinxelas manualidades nas que estamos procurando reducir o consumo de material escolar. Para elaborar este Papa Noel na aula de 4 anos de Educación Infantil, empregamos material que sobrou dos obradoiros do Samaín: platos de plástico, cartulina, ollos móbiles, algodón... Non mercamos nada! Puxemos en práctica a norma das 3R: REDUCIR, RECICLAR e REUTILIZAR!!
O mesmo sucedeu na aula de 5 anos de Educación Infantil. Para
elaborar esta bonita árbore de Nadal, empregamos tamén material sobrante doutras actividades levadas a cabo no cole ao longo deste 1º Trimestre: platos de plástico negros, cartulina, témpera branca, papeliños cores diversas...
Os nenos e nenas da aula de 3 anos tamén se animaron a facer un par de sinxeliñas manualidades con materiais sobrantes. Con depresores e rolos de papel hixiénico elaboraron dúas versións diferentes dunha árbore de Nadal!!.
Aquí deixamos as aportacións realizadas polas aulas de Educación Primaria:
Aquí deixamos as aportacións realizadas polas aulas de Educación Primaria: