Como as vacacións de Nadal están moi próximas, e se caracterizan por provocar en todos nós un consumo, ás veces, esaxerado. Aproveitamos a Hora de Ler que o alumnado de 3 anos ten despois do patio para ensinarlles este conto: NON É UNHA CAIXA, que nos ensina dunha maneira moi sinxela, como a imaxinación pode axudarnos a NON CONSUMIR dunha forma compulsiva.

