mércores, 15 de marzo de 2023

15 de Marzo: Día do Consumo Responsable

Hoxe celebramos no noso centro o Día do Consumo Responsable cunha actividade colaborativa entre todo o alumnado do colexio. As aulas de Educación Primaria visualizaron uns videos moi sinxeliños sobre o Consumo Responsable, debatiron sobre que facía cada un deles para coidar o noso planeta e o escribiron nunha tarxetiña circular. Despois, visitaron unha aula dos máis pequenos do cole e lles explicaron o que eles e elas facían para consumir dunha maneira máis responsable. Finalmente, os pequenos axudaron aos maiores a pegar a tarxeta circular no mural colaborativo.
Os videos empregados nesta actividades, foron os seguintes: