mércores, 1 de marzo de 2023

A Mariña Ambiental: Proxecto Educando para a Sustentabilidade

O mércores 1 de marzo o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria desprazouse ata a cidade da Coruña para levar a cabo unha serie de actividades dentro do Proxecto Educando para a Sustentabilidade: visitaron no campus da Zapateira unhas áreas de compostaxe, a planta de depuración por humidal e realizaron unha pequena andaina polo Monte da Fraga.