luns, 6 de marzo de 2023

As Brigadas Verdes

Varios alumnos da aula de 3 anos, ataviados cós petos, as pinzas para recoller lixo e os caldeiros de reciclaxe, achegáronse ata uns dos patios do noso centro para recoller os plásticos e papeis que o vento e os seres humanos deixan tirados polo chan. Moitas Grazas rapazada!!
 
Como empezou a chover, os membros das Brigadas Verdes achegáronse ata o invernadoiro, onde aproveitamos para regar a nosa plantación!!