mércores, 29 de marzo de 2023

Brigadas Verdes: Aula de 5º de Infantil

Varios nenos e nenas da aula de 4 anos recolleron todo o lixo que atoparon nos diferentes patios do noso cole. Unha vez rematada esta tarefa, foron ata o invernadoiro para regar os repolos, porros, leitugas, brécol..., plantado nos bancais que pertencen ás aulas de Infantil.