O 21 de marzo celebramos no CEIP de Cervo a DÍA DA ÁRBORE con diferentes actividades: os máis pequenos plantaron nun campo anexo ao noso centro diferentes árbores e arbustos frutais coa axuda de Óscar, o xardiñeiro do Concello de Cervo, e os seus axudantes. Os máis maiores do cole, foron de andaina ata Sargadelos, onde aprenderon cousiñas moi interesantes sobre as árbores invasoras e plantaron diferentes árbores autóctonas. E para axudarnos nestas actividades, contamos coa presencia de dous membros de Voz Natura: Alejandro e Nazaret. Moitas grazas pola vosa visita!!
Como broche final, todo o alumnado e profesorado tivo un pequeno agasallo de parte do Equipo de Voz Natura: unha chapa cun debuxo dunha árbore. Había 15 chapas de árbores diferentes. Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria foron os encargados, este curso, de facer os debuxos. Quedaron unhas chapas preciosas!!