Neste 2º trimestre o alumnado de Educación Infantil está a participar nunha serie de obradoiros mixtos (onde podemos atopar nen@s das tres aulas de Infantil). Un destes obradoiros é o de Voz Natura, onde realizamos diferentes actividades relacionadas có Medio Ambiente e o Consumo.
Hoxe falamos das sementes e o ciclo de vida das plantas. Tamén realizamos unha actividade manual, na que transformamos un vasiño de iogurt (recollido das merendas dos nenos e nenas), nuns bonitos testos (traballando a regra das 3R e o consumo responsable).
