xoves, 16 de marzo de 2023

Xoves de Obradoiro

Un novo grupiño de nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, participaron no obradoiro semanal de Voz Natura. Aquí temos as imaxes da súa actividade final, un testo feito con vasiños de iogurt das merendas, no que plantaron sementes de alpiste. Todo isto, previa explicación sobre o ciclo de vida dunha semente.