xoves, 25 de maio de 2023

As Brigadas Verdes de 4º de Infantil

Parte do alumnado de 4º de Educación Infantil realizou diferentes tarefas o xoves 25 de maio. Primeiro, puxeron o peto das Brigadas Verdes e armados coas súas pinzas e caldeiros, recolleron o lixo que atoparon nos diferentes patios do centro.
Despois, achegáronse ata o invernadoiro e regaron os dous bancais de Infantil.
E por último, recolleron uns limóns do limoeiro do noso centro para levarllo a Saleta e Chus (as nosas cociñeiras), pois o Luns 29 de maio levaremos a cabo un obradoiro de cociña no comedor do cole para elaborar os biscoitos para o cumple de Puca, a nosa mascota de Bibliocervo, que o día 31 de maio está de aniversario!!