martes, 9 de maio de 2023

Limpeza do Entorno Natural: A Praia de Rueta

Os nenos e nenas de Educación Infantil levaron a cabo o martes 9 de maio unha actividade de limpeza dun entorno natural do Concello de Cervo: a praia de Rueta. Esta actividade estivo organizada polo UDC e Fundación Alcoa dentro do Proxecto Mariña Ambiental. A recollida de lixo e a súa clasificación, foi o eixo fundamental desta actividade medioambiental.