A perda da nosa flora e fauna é un dos grandes problemas ambientais, non só a nivel ecolóxico, senón tamén da saúde, económico e cultural da nosa sociedade.
Iniciar ao noso alumnado no coñecemento da flora e fauna autóctona e o seu valor, é un paso básico para que no futuro, os nosos nenos e nenas cheguen a apreciar, a respectar e a actuar dunha forma máis consciente a favor da nosa biodiversidade, pois o seu maior problema está relacionado coa actividade humana: a sobreexplotación dos recursos naturais, incremento da poboación, abuso de fertilizantes e pesticidas, aumento da contaminación, incendios forestais, introdución de especies non autóctonas...
Por esta razón, a escola debe axudar ao seu alumnado a tomar conciencia da necesidade de coñecer e protexer a súa flora e fauna, a avanzar na súa educación ambiental a través dunha progresiva sensibilización e a mellorar a súa capacidade para detectar, analizar e resolver problemas ambientais.
En definitiva, a escola debe converter ao seu alumnado en exemplos das futuras xeracións.
