No mes de Novembro toca celebrar o Magosto e as diferentes aulas elaboran os seus cestiños para degustar as castañas. Os nenos e nenas da aula de 4 anos elixiron unha manualidade na que empregaron material de refugallo, como por exemplo, cartóns de leite ou zume usados, papel de xornal vello, restos de cartulina...
