mércores, 15 de novembro de 2023

Coroas do Outono

Varios nenos e nenas da aula de 5 anos foron recoller follas nun dos patios do noso centro. Unha vez realizado este traballo de exterior, foron ata a aula de manualidades para poder elaborar unha sinxela e bonita coroa coas follas caídas do Outono.