O martes o alumnado do noso centro tivo a sorte de recibir a visita de Luis Ramos, cuxa paixón polos cans o levou a obter a titulación necesaria para traballar como adestrador destes animais. A través dunha asociación constituída con outros seis amigos. Luis adestra, de xeito gratuíto, aos donos dos animais nunha instalación situada en Morás (Xove).
