xoves, 11 de xaneiro de 2024

Visitamos a Exposición da Flora e Fauna de Galicia en Perigo de Extinción

Un dos equipos Voz Natura da Aula de 4 anos, visitou a exposición dos traballos realizados polo alumnado de Infantil e Primaria, sobre a flora e fauna de Galicia que está en perigo de extinción. Observamos as imaxes dos animais e plantas que más nos chamaron a atención e aprendimos algúns datos interesantes sobre eles. Falamos da necesidade de coidar a nosa contorna máis próxima para que estes animais e plantas non cheguen a desaparecer e do que nós podemos facer para que iso non aconteza. Tamén comprobamos que as papeleiras son utilizadas pola comunidade educativa de forma correcta.