mércores, 21 de febreiro de 2024

Plantamos e Regamos

Algúns nenos e nenas da aula de 5 anos foron ata o invernadoiro a plantar os últimos repolos. Tamén aproveitamos ese día para regar todos os bancais ou parcelas. Finalmente, recolectamos algúns limóns para levar para a casa, pois o noso limoeiro está repleto de limóns!!