mércores, 8 de maio de 2024

Obradoiro Voz Natura: As Plantas III

Penúltimo obradoiro de Voz Natura para o alumnado de 3, 4 e 5 anos!!. Despois de traballar durante unha parte da sesión o tema das "plantas", empregamos a outra parte para elaborar un gracioso cespino. Agora, os nenos e nenas só teñen que esperar uns días para empezar a notar como o céspede empeza a nacer!!