mércores, 5 de xuño de 2024

5 de Xuño: Día do Medio Ambiente

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente, o alumnado do noso centro levou a cabo diferentes actividades. Os máis pequenos do centro recibiron de agasallo dous xogos: un puzzle e diferenciar as boas e malas accións para o medio ambiente.

Algúns cursos de Primaria levaron a cabo unha representación libre e creativa do noso planeta. Tamén, escribiron ideas persoais de como podemos axudar ao Medio Ambiente.

Alumnado de 3º de Primaria elaborou unha banda deseñada sobre o Ciclo de Auga e a presenza de plásticos en ríos, mares e océanos.
Finalmente, os maiores, achegáronse ata a praia A Caosa para realizar unha limpeza, xunto con alumnado do CEIP Península da Paz.