xoves, 1 de maio de 2025

Eco-Reto do Mes de Maio: RetoPreservamos

Os nenos e nenas do 2º ciclo levaron a cabo unha saída enmarcada dentro das actividades de Proxecto Ríos, na que contaron cun guía experto na flora e fauna dos ríos galegos. O alumnado realizou medicións de ph, temperatura e profundidade, así como identificación de diversos macroinvertebrados presentes nesa zona, que poden servir como bioindicadores medioambientais.