xoves, 24 de abril de 2025

Plantamos Un Novo Salgueiro!!

Alumnado de 3 anos, con axuda do noso conserxe, foi plantar un novo salgueiro, en substitución dun que secou e morreu. Logo de rematar este traballo, achegáronse ata o invernadoiro, onde recolleron uns repolos para a cociña e regaron as cebolas, allos, leitugas e cenorias, que están a madrar!!