luns, 29 de setembro de 2025

VOCES VERDES: Protexe o planeta, axuda ao futuro.


Dende o CEIP de Cervo iniciamos este novo curso con moitas ganas e ilusión por levara cabo o noso proxecto de Voz Natura, que este ano leva por título "Voces verdes: protexe o planeta, axuda ao futuro".

Este proxecto está especialmente dirixido ao noso alumnado, co obxectivo de fomentar a conciencia ambiental, reflexionando sobre a situación actual do planeta e os efectos da crise climática que nos afecta a todos e todas.

Inspirándonos no reto proposto este curso por Voz Natura, que nos anima a actuar, pensar e traballar por un futuro máis sostible.

Con pequenos pasos...faremos grandes cambios!!!