O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP DE CERVO promove, de novo, a elaboración dun calendario escolar. Este ano, tendo en conta os proxectos de Voz Natura e o PDI deste curso, elaborouse con moita ilusión, o Calendario Sostible 2026, un proxecto no que participou todo o alumnado e que nace co obxectivo de acercar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 ao noso día a día. A través desta proposta quixemos reflexionar sobre o mundo no que vivimos e sobre a importancia de coidalo.
Podedes descargalo pulsando no código QR.
Esperamos que vos guste e vos faga reflexionar para, xuntos, millorar a situación do noso planeta.