xoves, 26 de febreiro de 2026

PREPARANDO OS NOSOS SEMILLEIROS


A nosa mascota Ranatura estivo a observar ao alumnado de infantil na preparación dos primeiros semilleiros. Con moita curiosidade, coñeceron os materiais necesarios e como preparar a terra para acoller as sementes.

Ranatura está moi contenta, pois descubriu que estes nenos e nenas descubriron a importancia de sementar con coidado e agarimo. Pouco a pouco, foron colocando as pequenas sementes e regándoas con delicadeza. Aprenderon que a luz, a auga e a paciencia son fundamentais para ver medrar a vida.

Agora, cada día, achegaranse ao invernadoiro para observar os seus avances e Ranatura non lles perderá ollo!!