O 24 de maio celébrase o Día Europeo dos Parques Naturais. Sabes por
que? Porque foi o 24 de maio de 1909 cando se declararon en Suecia os
primeiros parques naturais en Europa.
Para conmemorar este día, a Federación EUROPARC, organización paneuropea
creada en 1973 que reúne a institucións dedicadas á conservación da
natureza e a espazos naturais protexidos de 38 países, promove dende
1999 a celebración do Día Europeo dos Parques Naturais.
