O LAND ART é unha corrente da arte contemporánea que utiliza materiais
da natureza (madeira, terra, pedras, area, vento, rocas, lume, auga...)
así como o marco da paisaxe natural para desenvolver as súas obras
artísticas.
Nomes como Robert Smithson, Michael Heizer, Denisse Openheim ou Richard
Long foron pioneiros desta corrente artística que interactúa co medio
ambiente alterando ou transformando a paisaxe con fins estéticos.
Un xeito de entender e crear a arte, perfecta para traballar cos nosos
nenos/as, mostrándolles camiños nos que crear a través da interacción co
medio ambiente. Os nosos nenos/as aprehenderán da natureza e das súas
múltiples posibilidades de creación, construíndo a partir dela. Como di
Tania Abril: "Os nenos creativos non só son aqueles que debuxan con espontaneidade,
que realizan traballos intuitivos dende o punto de vista do adulto, tamén
son aqueles que ordenan realidades coñecidas e transfórmanas noutras
realidades máis ricas, máis complexas e máis efectivas".
Queres ser un artista do Land Art? Se vos animades a crear unha obra artística efímera empregando materiais da natureza, podedes enviar unha imaxe ao seguinte correo: voznaturacervo@gmail.com
Queres ser un artista do Land Art? Se vos animades a crear unha obra artística efímera empregando materiais da natureza, podedes enviar unha imaxe ao seguinte correo: voznaturacervo@gmail.com
