martes, 2 de febreiro de 2021

2 de Febreiro: Día Mundial dos Humidais

Incrementar a sensibilidade da poboación sobre os valores dos humidais e fomentar actuacións para evitar a súa deterioración son os obxectivos desta conmemoración. Cada 2 de febreiro, países de todo o mundo súmanse a esta celebración desde 1971, cando se asinou o Convenio dos Humidais na cidade iraniana de Ramsar. Este acordo serviu para establecer un marco común para a protección destes espazos. Ademais, a raíz do convenio creouse unha lista de humidais de importancia internacional, na que figuran 1.650 espazos de 154 países.


En Galicia, cinco humidais están incluídos no Convenio de Ramsar. Trátase do complexo de Corrubedo, o intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira, a lagoa e o areal de Valdoviño, a ría de Ortigueira e Ladrido e a ría de Ribadeo.