Aos nenos e nenas da Aula de 4 anos gustoulles moito este conto escrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil. Sementes de Papel conta a
relación entre dúas mozas e o bosque onde viven. Naia ocupouse sempre de
coidar das árbores e dos animais. Pero os anhelos máis profundos de
Eyla romperán o equilibrio do lugar. Do enxeño e do amor pola natureza
xurdirá unha solución que lles axudará a salvar a preciosa paisaxe.
Sementes de papel é una fábula ecoloxista que intenta espertar a
curiosidade das nenas, dos nenos e dos adultos cara a un tema vital na
educación e na situación do planeta, o respecto pola natureza. A
historia alértanos de que cómpre tomar conciencia da importancia crucial
que teñen os bosques. E ao mesmo tempo é esperanzadora, xa que os
verdadeiros protagonistas do conto, as árbores e os animais, non
desaparecen malia que a súa supervivencia corre un grave perigo. Seremos
nós quen de salvarmos os habitantes ancestrais da terra, as árbores?
