sábado, 5 de xuño de 2021

Dia Mundial do Medio Ambiente

A perda dos ecosistemas está privando ao mundo de sumidoiros de carbono, como os bosques e as turberas. As emisións globais de gases de efecto invernadero aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático potencialmente catastrófico.


Ante este gran problema, o Día Mundial do Medio Ambiente céntrase na restauración de ecosistemas co lema "Reimaxina, recrea, restaura".


Restaurar os ecosistemas significa previr, deter e revertir este dano, pasar de explotar a natureza a curala. Para iso, e precisamente neste día, arrincará o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha misión global para revivir miles de millóns de hectáreas, desde bosques ata terras de cultivo, desde a cima das montañas ata as profundidades do mar. Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.