xoves, 16 de setembro de 2021

Voz Natura 2021-2022

Comeza unha edición moi especial para Voz Natura. O programa cumpre 25 anos neste curso 2021-2022.

Os traballos desta edición abarcarán todo tipo de temas. Seguiremos  reforestando e plantando, limpando praias e ríos, coidando todos os ecosistemas, reciclando e, sempre, concienciando. A protección e defensa dos espazos naturais do Camiño de Santiago -tema  descatado da pasada edición- seguirá moi presente.

Ademais, durante todo o curso, Voz Natura organizará diversas actividades especiais cos centros participantes para conmemorar o 25 aniversario. Estade atentos porque esta edición de Voz Natura, promete sorpresas!