Os
nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria levaron o día de hoxe
unha actividade de limpeza nuns entornos naturais do Concello de Cervo: a
praia de Rueta e o río Xunco. Esta actividade estivo organizada polo UDC e Fundación
Alcoa dentro do Proxecto Mariña Ambiental. A recollida de lixo e a súa
clasificación, foi o eixo fundamental desta actividade medioambiental.
