mércores, 10 de maio de 2023

Nenos e Nenas de 4 Anos, Traballando no Invernadoiro

Foron varias as actividades que levaron a cabo varios nenos e nenas da aula de 4 anos. Nun primeiro momento, plantaron fresas e pementos, que logo regaron. Unha vez rematado este traballo no invernadoiro, foron regar as flores de cores dos maceteiros de madeira ubicados nun dos patios do noso centro:

Finalmente, recolleron as leitugas e as levaron ata a cociña para que Saleta e Chus nos poidan facer unha rica ensalada con elas: