xoves, 18 de abril de 2024

Flores, Leitugas e Limóns

Esta sesión de Voz Natura deu para moito!!. Alumnado da aula de 4 anos recolectou leitugas que levou ata a cociña do centro para que as cociñeiras puidesen facer unha rica ensalada. Tamén recolectaron limóns, que quixeron levar para a casa e preparar unha receita. Finalmente, visitaron a charca e plantaron unhas flores para alegrar a entrada do noso colexio!!